Uns traballos arqueolóxicos en Catoira levarán a un matrimonio e ao alcalde a enfrontarse nos xulgados

CATOIRA> Os traballos arqueolóxicos dun terreo de Catoira levan a un matrimonio a denunciar ao alcalde por falsificación de sinaturas. A parella defende que o marido, copropietario da leira, non deu permiso para que se levase a investigación. O alcalde, non quixo facer declaracións, pero si permitiu a esta canle ver os documentos do proxecto asinados polos dous propietarios.

Nesta leira de Catoira estanse levando a cabo uns traballos arqueolóxicos para investigar se no terreo se atopa unha antiga necrópolis. Unha intervención aprobada pola deputación e por patrimonio pero que pon en pé de guerra a un dos propietarios do terreo co goberno local. A muller do copropietario denuncia que seu marido non asinou ningún permiso para os traballos.

O alcalde defende que si que conta coa sinatura dos dous propietarios da leira, o marido de Mari Carmen e o seu irmán. O matrimonio denunciou ao alcalde no xulgado por falsificación da sinatura.

O alcalde de Catoira non quixo face declaracións pero si atendeu ao canal Rías Baxias. Asegurou que mostrou a sinatura á muller pola mala actitude que están tendo con el. Tamén mostrou todos os papeis da deputación e de patrimonio incluíndo un coa sinatura de ambos irmáns. A veracidade da disputa dependerá do que determine a xustiza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí