Seis coles de Pontevedra e O Salnés participan na programa de vacinación intranasal contra a gripe

CAMBADOS> Seis centros escolares da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés participan no programa piloto de vacinación contra a gripe do Sergas. Trátase dunha campaña que busca inmunizar por vía intranasal rapazada de entre 3 e 11 anos. Na zona de Pontevedra están convocados 500 menores e na do Salnés, 1.200. Un dos centros seleccionados para participar neste programa é o San Tomé de Cambados.

O colexio San Tomé de Cambados foi un dos 55 centros educativos de toda Galicia que participan neste programa piloto de vacinación intranasal contra a gripe. Unha iniciativa que busca inmunizar 19.000 alumnos de infantil e primaria de todo o país. 500 deles son da zona de Pontevedra e outros 1.200 da do Salnés, pertencentes a seis centros.

Ademais deste colexio cambadés, a campaña inclúe o colexio A Xunqueira II e a EEI Concepción Crespo Rivas, de Pontevedra, o Arealonga e o Sagrada Familia, de Vilagarcía; e a escola Sonrisas y Lágrimas da Illa.

A campaña de vacinación infantil contra a gripe de carácter xeral en todos os centros de saúde de Galicia tamén está en marcha dende este luns. Explican dende o Sergas que non toda a rapazada pode recibir este tipo de vacina intranasal.

O obxectivo de Sanidade con este programa piloto é inmunizar en toda Galicia 19.000 alumnos de infantil e primaria.