Mar manterá a man dura contra o furtivismo

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/04/conselleira_mar_carril.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/04/ conselleira_mar_carril.mp4{/flowplayer} <hr id=”system-readmore” />

    VILAGARCÍA> Man dura contra o furtivismo. Esta é a actitude que marcará as políticas da Consellería do Mar. Rosa Quintana expresou a súa sorpresa polo apoio que os mariscadores sen licenza teñen en Carril e desbotou a elaboración dun plan piloto como a solución para darlles acceso á actividade.

    O furtivismo nunca terá o apoio da Consellería do Mar.

    Rosa Quintana facía referencia ó conflito vivido o pasado xoves na lonxa de Carril, cando mariscadores con licenza manifestaron o seu apoio ós que non a teñen.

    Trala intervención da conselleira, parece improbable que a Xunta vaia abrir a man coa concesión de permex que, asegurou, se conceden en base a criterios totalmente ligados á actividade.

    A posta en marcha dun plan piloto tamén é outra das reclamacións do sector do marisqueo carrilexo. Pero Quintana descartou que este sexa o mecanismo para regularizar ós que non teñen permiso.

    Por iso, a Consellería terá man dura con estas prácticas.

    E é que Rosa Quintana defendeu o traballo a prol da profesionalización do sector que procura a consellería, para mellorar as condicións dos que faenan dentro da normativa vixente.