Autorizada a pesca de bocarte tralo peche provisional para o reconto da cota

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/24/peche_caladoiro_anchoa_2408151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/24/peche_caladoiro_anchoa_240815.mp4{/flowplayer} PORTO DO SON> O Ministerio de Pesca autoriza a pesca de bocarte no Cantábrico Noroeste a partir desta medianoite tralo peche provisional para o reconto da cota. Aínda que esta medida non obrigou a amarrar, causou un gran nerviosismo entre a flota que asegura que quedan máis de dúas mil toneladas por consumir. Lonxe de ver satisfeita a súa demanda de máis cota para o bocarte, o cerco galego veu como o Ministerio pechaba o pasado venres o caladoiro para a pesca desta especie. A flota pedía, na mobilización desenvolvida ese mesmo día en Portosín, a apertura da zona novena A. Sen embargo, o Ministerio non só non reabría o caladoiro dende Fisterra para o sur senón que tomou a decisión de pechar a oitava C, na zona cantábrica, onde si estaba autorizada a pesca. A secretaría xeral de Pesca alegou a necesidade de recontar a cota restante como causa para este peche provisional. Algo que non entenden dende a asociación de armadores do Cerco de Galicia que, sinalaron, que a día 19 restaba aínda un millón de toneladas da cota de 2015 sen ter en conta o adianto do dez por cento de 2016 outorgado para a captura da especie. Non se explican, polo tanto, este peche repentino e por sorpresa tan só dous días despois. A pesar do nerviosismo e malestar que causou, a resolución ministerial non tivo consecuencias económicas para os cerqueiros xa que esta tarde volverán partir cara a zona norte do caladoiros sen necesidade de ter amarrado. Con respecto á zona sur, seguirán reclamando a súa reapertura con medidas de presión. A seguinte será a mobilización prevista para o venres no porto da Coruña.