Porto do Son estuda a súa incorporación a Arousa Norte

    PORTO DO SON> Os trámites para a adhesión deste concello xa van moi avanzados, polo que podería facerse efectivo en breve. Dende hai tempo o executivo sonense vén barallando a posibilidade de incorporarse á mancomunidade de municipios Arousa Norte. O alcalde deste concello, Luís Oujo, mantén unha boa relación cos seus homónimos de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, e a proximidade destes concellos co de Porto do Son fan que esta posibilidade cobre maiores vizos de levarse a cabo. Dende a xerencia de Arousa Norte vén con bos ollos esta nova incorporación, xa que os obxectivos que comparten os cinco concellos son practicamente os mesmos. Segundo explicou o actual presidente da entidade supramunicipal, o rexedor pobrense, Isaac Maceiras, a incorporación a Arousa Norte do concello de Porto do Son, suporía un paso máis cara esa gran cidade do Barbanza. Aínda así, e pese o visto bo dos catro concellos que integran Arousa Norte á incorporación de Porto do Son, o proceso non sería inmediato, ó supoñer unha modificación nos actuais estatutos do ente supramunicipal, así como a súa ratificación por parte da consellería da Presidencia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/06/incorporacionconcellosonmancomunidadearousanorte060214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/06/incorporacionconcellosonmancomunidadearousanorte060214.mp4{/flowplayer}