A POBRA> Podemos Galicia demanda unha solución urxente ós vertidos da Ribeiriña. A súa coordinadora, Isabel Faraldo, visitou a zona para coñecer o alcance do problema no que deben implicarse tódalas administracións.
Á espera dunha solución, os vertidos da Ribeiriña seguen a sucederse ante a impotencia dos veciños. Contan nas súas reclamacións co apoio de diferentes forzas políticas. Desta volta, foi a coordinadora de Podemos Galicia a que se desprazou ata a zona para coñecer a orixe e o alcance deste problema que afecta non só ó concello da Pobra senón a toda a Ría de Arousa.
Conscientes da complexidade do problema instan ás distintas administracións competentes a busca unha solución conxunta e, a longo prazo, que pasaría pola clausura dos depósitos e a demolición da antiga nave de Hadasa que permanece aínda na zona cos consecuentes problemas de seguridade.
Ademais da cuestión de seguridade, os vertidos están a ter unha afectación directa sobre os bancos marisqueiros comprometendo a economía de moitas familias que dependen da actividade.











