Ribeira e A Pobra únense á loita contra a violencia machista

    BARBANZA> Os concellos de Ribeira e A Pobra únense ós actos programados para o Día contra a Violencia Machista que se celebra este venres. Teatro, obradoiros con alumnos de secundaria, primaria e infantil, ou mesas informativas son algunhas das actividades que hoxe se presentaron en ambos municipios. 

     

    O concello de Ribeira comezou xa a desenvolver varias das actividades que buscan sensibilizar á poboación para romper cos estereotipos de xénero, e coas falsas ideas do romanticismo. Teatro  para alumnos de distintas idades ó longo do que queda da cuadrimestre, e actos que terán lugar o propio venres día 25, foron presentadas esta mañá pola concelleira de Servizos Sociais, No concello da Pobra levan realizando actividades durante todo o mes para minimizar esta lacra  e visibilizar a problemática, como as xornadas de Divulgación, “ A muller e a ciencia” ou obradoiros cos alumnos dos centros educativos. E para o propio día 25, tamén presentaron esta mañá as actividades a realizar. Ademais desde a Concellería de Igualdade da Pobra, elaboraron un Folleto Informativo sobre lexislación e os dereitos da muller unha vez que se decide a denunciar. Esta mañá, coincidindo co Mercado Semanal, repartiron os folletos entre as mulleres do concello.