Cambados quece motores para o Entroido 2014

    CAMBADOS> Cambados xa ten todo listo para recibir o Entroido. O concello, en colaboración coa asociación de comerciantes Zona Centro, presentou esta mañá a programación para eses días; un conxunto de actividades no que non faltan os concursos de filloas, de disfraces e de carrozas.

     

    Falta pouco menos dun mes para a chegada do Entroido, pero en Cambados xa están a quecer motores.  Hoxe presentaron o programa de actividades: o sábado día 1 de marzo arrancarán as festas cunha sesión para os máis pequenos da casa, na que non faltarán os xogos musicais, os inchables nin varios obradoiros.

    O domingo será un dos pratos fortes: o desfile de carrozas, con premios de 500, 400 e 300 euros para as tres mellores. O ano pasado participaron ó redor de 30 vehículos; este ano, a organización espera superar a cifra.

    O luns e o martes serán xornadas tamén de concursos no entroido cambadés. Co de filloas primeiro e co de disfraces despois, concello e Zona Centro queren chegar a todos os veciños.

    E para dicir adeus ás festas deste 2014, o xa tradicional enterro da sardiña. Unha representación na que este ano os cambadeses dirán adeus á cicloxénese explosiva.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/07/ptac_entroido_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/07/ ptac_entroido_cambados.mp4{/flowplayer}