As inundacións non cesan no Vallage Bakery en Vilgarcía

VILAGARCÍA> As propietarias dun local hostaleiro de Vilagarcía teñen que facer quendas para evitar que o seu negocio se inunde. Piden ó concello que arranxe as canalizacións da praza Arcebispo Lago. Os danos xa superan os 7 mil euros.

Nunca chove a gusto de todos. E moito menos se cada vez que isto sucede o teu local se inunda. As propietarias do Village Bakery en Vilagarcía vense obrigadas a facer quendas de noite para evitar que a súa confeitería amenza cuberta pola auga.

Dende que abriron o negocio o 6 de xullo de 2017 xa son moitos os días que tiveron que cerrar por culpa da auga. As fortes chuvias provocan inundacións que causan importantes danos na confeitería.

A causa destes asolagamentos é a mala canalización dos sumidorios da praza Arcebispo Lago.

Os danos no local superan os 7 mil euros. As propietarias xa pediron solucións ó concello en numerosas ocasións sen recibir ningunha resposta.

As traballadoras xa se están preparando para a Semana Santa. Non por ser unha date chave para hostalería se non polos chuvascos previstos e que poden afectar a supervivencia do Village Bakery.