A asociación de comerciantes de Caldas está en crise e piden solucións

    caldas100_250108_001.jpgCALDAS > A asociación de comerciantes de Caldas reuniuse onte para trata-la crise que atravesan os negocios da vila …

    …por mor da baixa en picado das ventas nos últimos meses. Os comerciantes apuntan que o abuso das autoridades municipais coas multas de tráfico e o escaso apoio do concello son algunhas das causas que precipitaron a caída das ventas. Os membros da asociación de Caldas anuncian mobilizacións como medida de presión.

    Dende fai varios anos Caldas estivo a experimentar un cambio substancial entorno a afluencia de xente que rexistraba antigamente a vila e que facía de Caldas o centro neurálxico para tódalas parroquias de aredor. Agora a situación e ben distinta, e os primeiros que o notan son os pequenos negocios que ven mermadas as súas ventas e polo tanto a súa producción.

    Para os comerciantes as causas reside na nova promocións de gardas civís municipais que afataron a xente do centro do pobo mediante a escesiva imposición de multas de tráfico. Os comerciantes piden que Caldas xogue nas mesmas condición que o resto dos municipios onde a amplitud de horariros para o peche e maior.

    Os voceros da entidade caldense indicaron que xa enviaran un escrito ó concello para tentar atopar solucións a esta problemática, de xeito contrario non descartan mobilizacións como medida de presión a unha situación que denuncian como insostible.

    Redacción Salnés