Nova concentración de repulsa polas verteduras da mina de San Finx

NOIA> Representantes do sector do mar e de diversas organizacións ecoloxistas concentráronse ás portas do xulgado de Noia para expresar o seu rexeitamento ás verteduras da mina de San Finx e demandar unha solución ambiental xa.

Fixérono minutos antes das dez da mañá, hora á que estaba prevista a declaración dos responsables da empresa mineira por un presunto delito contra o medio ambiente e os recursos naturais.

Dende a Plataforma valoran de xeito satisfactorio a recente multa por parte de Augas de Galicia e a revogación da autorización de vertidos, aínda que a medida considérana claramente insuficiente.

En paralelo ó procedemento xudicial, iniciado polas confrarías de Noia e Portosín e ó que despois se sumaron os colectivos ecoloxistas, esixen á Xunta que impoña de inmediato as fianzas necesarias a Tungsten San Finx S.L. ante o risco de evasión da empresa.

Insisten tamén en que se aplique o canon de control de vertidos para garantir a restauración da zona afectada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí