O FOGASA acumula 9.000 expedientes sen resolver

PONTEVEDRA> Máis de 9.000 expedientes agardan a súa resolución no FOGASA de Pontevedra. O sindicato UXT denunciou esta mañá a saturación que está a vivir o organismo, con retrasos que acadan o ano e medio de media, e que fan que o Fondo adebede preto de 30 millóns de euros a persoas que foron despedidas polas súas empresas.

Os recortes tamén chegaron ó Fondo de Garantía Salarial. Segundo o sindicato UXT, na oficina da provincia de Pontevedra o incremento do traballo non estivo acompañado dun aumento no número de funcionarios.

Esta redución tradúcese nunha importante demora na tramitación dos expedientes polos que o FOGASA completa as indemnizacións das persoas que perderon o seu emprego.

Segundo o sindicato, na oficina de Vigo acumúlanse máis de 4.800 expedientes pendentes, que se suman ós preto de 4.400 que trasladaron a Madrid para ser resoltos por un servizo externalizado, e dos que se descoñece o seu estado. Este retraso fai que o FOGASA adebede ó redor de 30 millóns de euros, segundo a UXT.

Ante esta situación, os sindicatos comezarán as mobilizacións. A primeira celebrarase mañá ante a sé do FOGASA, na rúa Venezuela, en Vigo.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/12/situacion_fogasa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/12/situacion_fogasa.mp4{/flowplayer}