Detectan ata catro razas distintas de mildiu en toda Galicia

[

SALNÉS> Esta semana o centro superior de investigacións científicas e a fundación Juana de Vega presentaron os primeiros resultados dun estudo que están a realizar sobre os fungos que causa as tres enfermidade que máis afectas ás vides galegas: o mildiu, o oídio e a botrite. Aínda queda un ano para o remate das indagacións, pero polo momento xa descubriron qué condicións climatolóxicas favorecen a proliferación dos patóxenos, e que por exemplo os sistemas de condución das vides inflúen na súa maior ou menor incidencia. Son as tres ameazas que maís quebradeiros de cabeza da nós viticultores galegos. Un ataque severo de mildiu, oídio ou botrite pode estragar a calidade das uvas e provocar grandes perdas na colleita, de aí que coñecer a súa incidencia, as condicións nas que o seu ataque se fai mais perigoso e se existen cepas máis virulentas que outras sexan datos de gran axuda para poder combatelos con eficacia. Niso consiste a investigación que está a realizar a Misión Biolóxica de Galicia en colaboración coa Fundación Juana de Vega. Unha colaboración público privada que comezo uno 2012 e rematará o vindeiro ano. Coas tres cuartas partes do proxecto rematadas, os investigadores están en condicións de ir revelando as primeiras conclusións, algunhas delas sorprendentes, como eles mesmos recoñecen. Outro dato que lles chamou a atención é que a medida que aumentaba a presenza de esporas de botrite, que é a forma invernada do fungo, disminuía a doustros fungos como o fungo. Desde o CSIC amósanse cautos xa que as investigacións deben continuar, pero apuntan á existencia dun posible antagonismo entre patóxenos. Tamén constataron que determinadas condicións climatolóxicas favorecen o ataque dos fungos, pero quizáis sorprenda que pode ser máis perigoso o rocío que a chuvia. Outro dos puntos de investigación que máis interesaba a CSIC e Fundación Juana de Vega era coñecer se existen diferentes razas en cada fungo. Parece que si, aínda que esta será a liña na que afondarán no último ano do estudo. En 2015, cando se prevé que remate o proxecto, CSIC e Fundación Juana de Vega ofrecerán as conclusión finais da investigación e transmitiranas ó sector a través de diferentes xornadas de difusión. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/14/investigacioncsic.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/14/INVESTIGACION_CSIC.mp4{/flowplayer}