PONTEVEDRA> Pontevedra preséntase ao mundo como sede oficial da gran final das series mundiais do Triatlón. A boa vila alzou a bandeira esta fin de semana que indica que quedan 200 días para a disputa da competición, que terá lugar o 22 e 24 de setembro. Tan só en participación agárdase que competirán na vila máis de 12 mil deportistas, poñendo a Pontevedra na primeira liña do deporte mundial.
Esta fin de semana comezaron en Abu Dhabi as series mundiais de Triatlón. Unha competición que se disputará ao longo de 6 meses en grandes cidades de todo o mundo. En total serán 7 citas cuxa final disputarase en Pontevedra. A boa vila izou este fin de semana á bandeira para presentarse como sede oficial da gran final.
A participación pode superar as 12 mil persoas. Será un evento que porá a Pontevedra no epicentro do deporte mundial.
Ao ser a final da series mundiais, o evento puntuará dobre, o que será clave para os deportistas que aspiran a clasificarse ás olimpíadas de París 2024.
A final das series mundiais é unha gran oportunidade para promocionar e potenciar Pontevedra. Ademais dos máis de 12 mil competidores agárdase que visiten a vila ese fin de semana milleiros e milleiros de persoas.