Un novo roubo pon en alerta a veciños e comerciantes

    VILAGARCÍA> Un novo roubo incrementa a preocupación de veciños e comerciantes de Vilagarcía. Aínda que neste caso o ladrón marchou coas mans baleiras, si provocou varios destrozos no establecemento para conseguir entrar.

    Unha mala experiencia cun final feliz. Así é como describe Marcos Ramos, propietario da vinoteca Lembranza, o intento de roubo que sufriron a madrugada do domingo.

    Unha das cousas máis chamativas é como conseguiu acceder: primeiro, colouse nun edificio veciño, na rúa de A Baldosa; dende aí, forzou a porta dun patio interior para despois entrar no establecemento a través dun espazo moi reducido. A pesares do esforzo, marchou coas mans baleiras.

    Marcos aínda non ten cuantificado o valor dos destrozos, pero asegura que o peor é o susto. E é que este non é o primeiro roubo que sucede na zona.

    O propietario do Lembranza xa presentou a correspondente denuncia na Policía, que xa ten nas súas mans as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade do local.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/17/intento_roubo_lembranza.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/17/intento_roubo_lembranza.mp4{/flowplayer}