Os servizos de emerxencias sufocan un pequeno incendio na nave de Baygar

    VILAGARCÍA> Os equipos de emerxencias de Vilagarcía sufocaron esta mañá un pequeno incendio na nave de Baygar, en Rubiáns. A rápida intervención dos traballadores da empresa e de protección civil e bombeiros fixo que non houbera que lamentar danos de importancia.

    A voz de alarma dábana os propios traballadores, que foron os primeiros en detectar o fume que saía da nave.

    Os equipos de emerxencia atopáronse cun incendio no cadro eléctrico da nave, do que aínda se descoñecen as causas. A pesares do susto, puideron extinguilo sen problemas.

    As lapas afectaron unicamente a unha pequena parte da nave, onde estaba ubicado o cadro eléctrico. Non houbo que lamentar danos persoais.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/17/incendio_baygar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/17/incendio_baygar.mp4{/flowplayer}