Escolares franceses visitan o concello de Lousame

    LOUSAME> Unha delegación de escolares e profesores franceses, do colexio de Masseube, unha pequena poboación situada no sur de Francia, foron recibidos na casa consistorial pola alcaldesa, Teresa Villaverde. O motivo da visita non era outro, que a súa participación, nun programa de intercambio, co CPI Cernadas de Castro. Durante aestes días a expedición francesa puido visitar distintos enclaves do municipio como é o caso das minas de San Finx. Durante a xornada de hoxe estaba previsto realizar visita ás praias da ría de Muros-Noia e mañá farán unha viaxe guiada a Santiag. A súa volta a Francia está prevista para o venres.