PORTO DO SON> O Taller Alecrín desenvolverá este ano cursos regulares de baile en Porto do Son. Os interesados poden asistir á xornada de portas abertas que se desenvolverá este xoves para coñecer máis sobre a oferta formativa.
O próximo 27 de outubro, o Taller Alecrín desenvolverá unha xornada de portas abertas en Porto do Son para dar a coñecer a súa oferta formativa.
Desenvolveranse dous cursos entre novembro e xuño. Un de LineDance con inscrición individual. O segundo curso consistirá nunha proposta renovada de bailes de salón dirixida a parellas.
Serán grupos reducidos e o prezo é de 22 euros ó mes posto que tan só se cobra a oferta de socios. Ademais dos cursos de Porto do Son, a asociación ofrece actividades noutros concellos do Barbanza e talleres monográficos en colaboración con outras institucións.