A flota marisqueira de Aguiño permanece parada pola toxina

RIBEIRA> A flota marisqueira de Aguiño permanece parada ante o episodio de toxina lipofílica que obrigou a pechar a zona un da  ría de Arousa. A marea vermella afecta tamén a autorizacións de Ribeira e zonas de libre marisqueo. O pasado venres saltaban as alarmas tras detectar o Intecmar a presenza de toxina na zona un da ría de Arousa. A confraría máis afectada é a de Aguiño posto que aquí se localizan tódalas súas autorizacións nas que actualmente estaban a traballar a ameixa e a navalla. Ante o peche destes recursos, a maior parte da flota dedicouse ó percebe provocando unha saturación no mercado así como a sobreexplotación desta especie. Aínda que os peor parados son os mariscadores de Aguiño, tampouco se libra Ribeira con parte das concesións afectadas e a actividade paralizada nos bancos de libre nos que estaban a capturar navalla. Malia as perdas ocasionadas por este peche cautelar, dende a confraría de Aguiño son optimistas. Agardan que a marea vermella remita nas próximas semanas antes do mes de xullo cando arranca o forte da campaña de verán.