Segue en estado grave o ferido no accidente de tractor de Cespón

BOIRO> Segue en estado grave o veciño de Cespón, de 69 anos, que sufriu o pasado martes pola noite un accidente cando regresaba en tractor a súa casa.

A vítima tivo que ser trasladada ó Clínico de Santiago, onde continua a día de hoxe ingresada, na unidade de críticos, a consecuencia das feridas sufridas no sinistro.

Foi necesaria a participación dos bombeiros do parque comarcal de Boiro para poder liberalo, ó quedar atrapado entre o seu tractor e un muro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí