Deporte para previr a drogodependencia na mocidade

CAMBADOS> Este venres, Cambados acollerá a terceira edición de “Panos Brancos contra a Droga”, un torneo deportivo ideado como unha campaña para concienciar desta problemática. Institutos de cinco concellos competirán nas probas da cita, que busca fomentar a vida saudable entre a mocidade.

O deporte volve dar a man á prevención.

Ata 14 institutos de Cambados, O Grove, Vilanova, Vilagarcía e Ribeira participarán coas súas seleccións no torneo Panos Brancos. Unha cita que busca concienciar da problemática do narcotráfico, ben coñecida na nosa comarca.

O campionato, que inclúe probas de fútbol e baloncesto, cumpre xa a súa terceira edición. Un aniversario que ven acompañado dun gran éxito de convocatoria.

A cita arrancará este venres ás 10 da mañá, no pavillón cambadés de O Pombal. Ademais das probas deportivas, o programa contempla o acto simbólico da sinatura da Bandeira Branca contra a Droga polos rapaces e unha entrega de trofeos e agasallos. De xeito paralelo, os institutos participantes realizarán diferentes actividades de sensibilización nos centros.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/19/torneo_panos_brancos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/19/torneo_panos_brancos.mp4{/flowplayer}