NOIA> A concellería de Educación de Noia presentou esta mañá a Semana Saudable, unha actividade pioneira que desenvolverá en colaboración cos centros educativos do municipio e as asociacións A Creba e Misela.
Este ano a proposta xirará ó redor dos queixos galegos con DOP.
A catadora de queixos Salomé Beiroa será a encargada de dirixir cada unha das xornadas.
A actividade, que se desenvolverá a semana do 24 ó 28 de febreiro, conta tamén coa colaboración do selo Galicia Calidade.











