Unha árbore destroza parte do teito da escola infantil de Brión

    tormentaperfecta_100_260210.jpgRIANXO> Afortunadamente no momento do suceso non había ningún neno no interior da escola.

    {flowplayer}barbanza/tormentaperfecta.flv{/flowplayer}

    E mentres se agarda pola chegada desa profunda borrasca que entrerá a partir das seis da tarde, na comarca do Barbanza vivíronse estes días pequenos incidentes a consecuencia do mal tempo. Sen dúbida un dos sucesos máis graves producíase na parroquia rianxeira de Leiro coa caída dunha árbore sobre a escola infantil de Brión. O impacto causou danos na cuberta e na propia estrutra do inmoble, rompendo tres vigas e parte da placa de formigón do teito dunha aula. Afortunadamente no momento do incidente os nenos non se atopaban no interior da escola polo que non hai que lamentar danos persoais. A brigada de obras do concello procedeu rapidamente á limpeza e restauración dos danos permitindo que as clases se desenvolvesen con normalidade. Ademais para evitar no futuro que se repitan incidentes deste tipo, o concello lembra ós propietarios das parcelas a obrigatoriedade de cortar aquelas prantas ou árbores que poidan supoñer un risco para a integridade das persoas, vivendas ou o tráfico rodado.

    No resto dos concellos tamén se rexistraron pequenos percances como caídas de árbores sobre as vías de circulación, elementos do mobiliario urbano desprazados polo vento ou inundacións, provocadas polas fortes chuvias que chegaron a acumular cincuenta litros por metro cadrados nos dous últimos días.

    Destrozos no Touro

    En Ribeira, os danos máis graves rexistráronse no paseo marítimo do Touro onde se afundiu un treito da senda peonil. Nalgúns portos, como en Noia, soltáronse algunhas embarcacións que permanecían amarradas. E así, amarrada, deberá continuar toda a flota de cara á xornada de mañá para a que se agarda o peor, con previsión de rachas de vento que poden superar os 150 quilómetros por hora.

    Suspensión actividades

    En previsión de posibles percances moitos concellos da zona xa cancelaron as actividades para mañá. Un exemplo disto témolo en Ribeira onde o executivo local decidiu suspender o tradicional mercadiño ambulante dos sábados e tódalas competicións deportivas.

    Redacción Barbanza