Entra en funcionamento o aparcamento público de A Boqueira de A Negral

BOIRO> O executivo boirense cumpre así cun dos seus compromisos electorais.

O alcalde, José Ramón Romero, xunto con outros membros do equipo de goberno e representantes da patronal local, achegouse esta mañá ata as instalacións do aparcamento soterrado de A Boqueira de A Negral no que nas últimas semanas se estiveron desenvolvendo diversas tarefas de acondicionamento para posibilitar a súa entrada en funcionamento. Un trámite que segundo explicou o rexedor se producirá mañá martes.

A apertura do aparcamento, cunha capacidade para uns sesenta vehículos,  segue a liña marcada polo executivo dende a súa chegada á alcaldía, coa creación de novas zonas de estacionamento público en pleno casco urbano.

O aparcamento estará aberto ó público dende mañá martes de maneira gratuíta en horario ininterrompido de dez da mañá a dez da noite, de luns a domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí