Paralizada temporalmente a demolición dunha casa na praia das Pipas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/20/demolicion_casa_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/20/demolicion_casa_grove.mp4{/flowplayer}

 

O GROVE> Paralizada a demolición dunha vivenda no entorno da praia das Pipas. Os propietarios denunciaron que os traballos comezaron onte sen previo aviso, pero finalmente conseguiron unha moratoria temporal. Así as cousas, descoñecen cando se retomarán.

Unha segunda vivenda en primeira liña de praia sen licenza municipal, sen autorización autonómica e ubicada en solo rústico de protección de costas. Así describe a Xunta a situación da edificación; unha versión que dista da dos propietarios.

A APLU defende que a construción foi declarada ilegal hai más de 10 anos. Porén, os propietarios tiñan a esperanza de que a aprobación do PXOM do Grove, actualmente en trámite, puidera mudar a situación.

A familia xa afrontou varias multas coercitivas por valor de 50 mil euros. Cantidade á que se suma o custo da demolición que terán que pagar, e que pode acadar os 40 mil euros.

E é que unha das cousas que máis os molesta é o xeito de proceder da APLU. Aseguran que non deron aviso e que non puideron retirar as súas pertenzas, aínda que recoñecen que o organismo tiña carta branca despois dun xuízo rápido celebrado o pasado venres.

O proceso ten polo de momento unha suspensión cautelar, aínda que os propietarios non saben ata cando. Polo que temen que en calquera momento poidan retomar os traballos.