A procesión do Nazareno congregará a corenta mil persoas na Pobra

POBRA> As festas do Nazareno darán comezo este venres. Tras unha xornada repleta de actividades para nenos, o inicio oficial das celebracións terá lugar ás nove e cuarto co pregón a cargo dos membros do Puebla Fútbol Club. Nesta primeira xornada desenvolverase tamén un dos pratos fortes co concerto de Sonia Lebedinsky, a partir das dez e media  na praza Maior. O domingo será o día grande coa procesión das mortallas que, como cada ano, atraerá a miles de visitantes. Nesta ocasión, sairán á fronte da comitiva seis cadaleitos: tres infantís e tres de adultos. Este ano, será a comisión de festas a encargada de organizar a gran traca na honra do Divino Nazareno, despois de que se disolvera a agrupaciòn encargada de facelo. O luns, festivo na Pobra, desenvolverase tamén un amplo programa coa instalación do gfran Parque Infantil Pueblalandia na praza Maior e numerosos concertos musicais e pasarrúas. A actuación de El Combo Dominicano e o Gran Espectáculo de Fogos de Artificio e Acuáticos porán o broche de ouro ás festas.