RIBEIRA> A Alianza Social Galega suma novos colectivos na comarca do Barbanza á súa loita. Representantes de Mulleres en Acción, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, Verdegaia, Pedra de Pidre, as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública ou o Ensino, Stop Desafiuzamentos e Contacto, agora integrados na Alianza Social Galega, compareceron en rolda de prensa para amosar o seu apoio á mobilización convocada por esta entidade en contra das políticas de recortes que promoven as administracións. A reforma laboral, o recorte das pensións, a nova lei de educación ou a privatización de servizos públicos, entre outras, son algúns dos principais problemas contra os que a Alianza Social Galega pretende mobilizar á sociedade ese día. A Alianza Social Galega ten convocado mobilizacións para o vindeiro 27 de febreiro nas principais cidades e vilas galegas. Baixo o lema ‘Por outra saída da crise’. No Barbanza a manifestación partirá da estación de autobuses de Ribeira ás oito da tarde.
Inicio Barbanza - Muros - Noia