Mar demanda medidas específicas para que o sector pesqueiro afronte a suba do combustible

BARBANZA> A Conselleira do Mar demanda ó goberno central medidas específicas para apoiar ó sector pesqueiro ante a suba do prezo do combustible. Ó encarecemento dos carburantes engádese a falla de transporte con negativas consecuencias sobre toda a cadea mar-industria.

O encarecemento do combustible está levando a unha situación complicada ó sector do mar, abocado a un paro forzoso se non se frea a suba dos prezos . A Xunta de Galicia xa demandou na Conferencia de presidentes autonómicos celebrada a pasada semana a baixada dos impostos que gravan os combustibles dentro dos parámetros que permite a Unión Europea.

Rosa Quintana alertou de que a situación non só é crítica entre a flota pesqueira senón que repercute tamén no resto das empresas que compoñen a cadea mar-industria. A falla de transporte xa tiveron consecuencias en varias lonxas galegas nas que algúns barcos non puideron subhastar os seus produtos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí