A Deputación seguirá colaborando coa ONG Solidariedade Galega

A Coruña> O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, reuniuse coa directora do instituto de Liderazgo de Las Segovias, en Nicaragua, Haydeé Castillo, para interesarse polo funcionamento do centro, que contou con axudas da entidade provincial. O organismo provincial leva investidos en tres anos ata 99 mil euros cos que a ONG Solidariedade Galega, en colaboración coa asociación local Fundemuni, construíu e adecuou este centro para atender aos colectivos máis necesitados. O obxectivo do instituto é desenvolver programas de formación comunitaria para a integración dos mozos e das mulleres, os dous grupos sociais aos que se dirixe principalmente a institución. Neste senso, Calvo salientou a labor que desenvolve a ONG en Nicaragua e, en concreto, o instituto de Las Segovias, co fin de axudar aos máis desfavorecidos a saír adiante. PRazón pola cal, o propio presidente provincial comprometeuse coa portavoz a manter o apoio da Deputación e seguir colaborando polo mantemento das instalacións. Esta colaboración iniciada en 2010 incluíu todas as fases do proxecto, dende a construción do edificio ata a urbanización do entorno e a dotación das aulas didácticas. Así, Haydeé Castillo aproveitou a súa visita para agradecer ao presidente da Deputación o seu apoio.