A cultura urbana tomará Noia co Festival O Peregrino

NOIA> Nesta segunda edición, o festival O Peregrino estará moi presente en toda Noia. A alameda converterase en escenario principal das competicións deportivas de fútbol e baloncesto así como da busca do tesouro. As rúas e prazas do casco urbano acollerá actuacións musical de soul e jazz mentres que a lota de galos e os concertos principais Terán lugar a partir das oito e media da tarde en San Lázaro. Desenvolveranse ademáis exhibicións de parkour e graffiti. A organización do evento corre a cargo da asociación LA Grotta  que integra nesta sefuna edición a corenta e cinco voluntarios. Dende o concello colaboran tamén coa dotación de medios económicos e apoio loxístico ás numeroas actividades que acolle este festival, que segundo o edil de Cultura, vai camino de converterse nun referente en Galicia.