O número de denuncias en Rianxo por incumprir o estado de alarma elévase a setenta

RIANXO> O número de denuncias realizadas pola Policía Local de Rianxo, en colaboración coa Garda Civil e a BRILAT, dende que se decretou o estado de alarma ascende xa a máis de setenta. Durante este tempo realizáronse tamén un total de oito inspeccións a locais hostaleiros, denunciándose a dous deles por incumprir as restricións impostas. Durante un destes controis de estrada efectuados, os axentes lograron comisar uns trinta gramos de marihuana e unha arma branca, cuxo posuidor foi tamén denunciado. Dende a Policía Local rianxeira insisten na necesidade do cumprimento das medidas establecidas polas autoridades sanitarias para evitar posibles contaxios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí