A Plataforma de Emigrantes leva recollidas máis de 3.700 sinaturas

    BOIRO> A entidade desprazarase este mércores á Coruña para tomar parte nunha mobilización convocada a nivel galego. O próximo mércores 5 de marzo está convocada na Coruña unha mobilización á que acudirán plataformas de afectados de toda Galicia. A ela está prevista que acuda tamén a Plataforma de Emigrantes Retornados do Barbanza que conseguiu financiamento dos concellos de Boiro e Rianxo para poder alugar para ese día dous autobuses, que sairán de Ribeira ás oito e media da mañá, percorrendo posteriormente o resto de concellos da comarca. Dende o colectivo, que suma na actualidade a máis de 200 membros, fan un chamamento á participación, coa finalidade de seguir denunciando a súa situación, totalmente inxusta, que os obriga a ter que tributar polas pensións percibidas no estranxeiro. A súa intención pasa por seguir loitando ata acadar unha solución ó seu problema. Nestes últimos meses levan recollidas na comarca unhas 3.700 sinaturas que se suman ás de toda a comunidade e ás do resto de España.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí