BOIRO> Boiro acollerá este sábado a trixésimo sétima Promoción do Cliclismo, gran Premio Ricardo Riveiro. Preto de 350 deportistas daranse cita no evento que inclúe probas dende as categorías promesa ata junior. É puntuable para a Copa Galicia Porvir.
Boiro volverá ser sede do ciclismo base este sábado coa decimo sétima edición da Promoción do Ciclismo, Gran Premio Ricardo Riveiro.
Participarán uns 350 deportistas de distintas categorías, dende promesas a junior incluíndo modalidade inclusiva, entre as que destaca unha proba de máis de 51 quilómetros, clasificatoria para a Copa Galicia.
O concelleiro de Deportes indicou que o tráfico estará cortado nos treitos polo que discorren as probas para garantir a seguridade.
Para deseñar o operativo esta mesma mañá reuniuse a xunta local de seguridade coa participación de Policía Local, Garda Civi de Tráfico e Protección Civil.











