A Asociación de Empresarios de Ribeira repartirá 600 euros en San Valentín

RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira desenvolverá entre o 8 e 0 14 de febreiro a campaña de San Valentín. Repartirá 600 euros en premios. A principal novidade deste ano reside na incorporación dunha app que permite a participación online.

Preto de 40 establecementos participarán na campaña especial de San Valentín que desenvolverá a asociación de empresarios de Ribeira ó longo de toda a semana que vén. Os clientes optarán a seiscentos euros en premios, repartidos en tres vales de compra de cen euros e outros seis de 50. A principal novidade deste ano é que a participación se realizará a través de internet. Os clientes subirán unha imaxe do ticket de compra a través dun apartado da web da asociación no que entrarán directamente no sorteo que se celebrará o día 14 ás doce da mañá de xeito telemático.

A campaña conta, unha vez máis coa colaboración do concello de Ribeira, que segue a apostar pola dinamización do comercio local nestes tempos difíciles. Nesta liña, o concelleiro de Comercio anunciou a autorización do proxecto ‘Ribeira, un mar de comercios’ a través dun convenio coa cámara de comercio. Achegará preto de 70 mil euros dos fondos FEDER para a rehabilitación das zonas urbanas onde se concentre maior actividade comercial.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí