Unha árbore na Florida para lembrar ás vítimas dos accidentes de tráfico

A rapazada do colexio da Florida, en Sanxenxo, lembrou hoxe ás vítimas de accidentes de tráfico. Trátase dun acto promovido por Stop Accidentes, con motivo do día mundial en recordo das persoas que faleceron en sinistros. A xornada, que incluíu, a plantación dunha árbore no xardín do centro, serve tamén para que os máis pequenos vaian tomando conciencia de que na estrada todos estamos conectados, peóns e condutores.

Esta árbore lembra dende hoxe ás persoas que faleceron en accidentes de tráfico. Plantárono no colexio da Florida, en Sanxenxo, ás portas do Día Mundial en Recordo das vítimas en sinistros ao volante, que se celebra este domingo. O acto foi organizado por Stop Accidentes, que destaca a importancia de concienciar á rapazada sobre seguridade viaria xa dende ben cedo.

O colectivo escolleu este municipio e, en concreto, este colexio polo traballo que se vén desenvovendo nos últimos anos en materia de seguridade viaria.

E como sempre, unha parte fundamental de todas estas iniciativas a prol da seguridade viaria nos colexios é a Policía Local de Sanxenxo, comezando polo Poli Paco.

Stop Accidentes aproveitou a xornada, como é habitual, para plartar esta árbore, en lembranza dos que xa non están. 

E engade que na tarefa de aprendizaxe tan importante é a acción que se impulsa nos centros educativos, como neste da Florida, como o que se ensina na casa, comezando porque os pais e nais sexan exemplares para os seus fillos cando van ao volante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí