BOIRO> para o BNG non é nada novo, xa que tódolos anos acontece, aínda este ano coa gravidade de que será por un período maior, uns tres meses. A través da súa denuncia o BNG boirense faise eco do malestar existente en Cabo de Cruz polo peche do centro médico da Casa do Mar. Trátase dun problema que se vén dando tódolos veráns sistematicamente durante os últimos anos. segundo eles trátase dunha máis das políticas de recortes que está a levar o Partido Popular. Dende o BNG temen de que a medida vaia a máis e dentro duns anos se opte polo peche definitivo do dispensario nesta parroquia. Un feito que eles como tamén os veciños non están dispostos a consentir, xa que se trata dun servizo indispensable. Os nacionalistas pídenlle ó equipo de goberno que medie ante a Xunta para tratar de buscarlle unha solución a este problema, e o servizo sexa de novo restablecido.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










