Concello e praceiros chegan a un acordo sobre os aparcadoiros

    VILAGARCIA> De seguido, os praceiros foron recibidos no Concello, onde tras máis de tres anos de demandar estas prazas de aparcadoiro, finalmente foron escoitados. Hai por tanto acordo provisional entre Concellos e praceiros que se materializará nas vindeiras semanas, aínda non se detallou moi ben como.

    Nos vindeiros días os praceiros de Vilagarcía só utilizarán a zona peonil para carga e descarga ata as dez da mañá. De aí en adiante, cederán o uso destas prazas de aparcadoiros lindeiras á Praza de Abastos de Vilagarcía para os seus clientes. Esta é unha medida provisional namentres se decide o tipo de sinalización e ordenación deste espazo para limitar o seu uso ós clientes da Praza de Abastos. Os praceiros quedaron conformes con que despois de tres anos se atenderan as súas peticións. Con todo, quedan á espera de que o Concello proporcione outras bolsas de parking na zona; un punto no que Tomás Fole fixo fincapé, asegurando que xa tocaran tódolos paus,tanto propietarios particulares de finca, como empresas privadas sen concretar nada ate o de agora. No tocante ó asunto dos gorrillas que a veces amedrentan ós usuarios da praza con moi malas maneiras; o Alcalde asegurou que non podía facerlles moito máis. Este é para el un problema de seguridade cidadá sen solución polo de agora. Fole criticou tamén o papel da oposición nesta mobilización. Asegura que foi o bipartito anterior o que impuxo esta zona peonil cando eran claras as consecuencias que ían a traer para este espazo comercial. Nas vindeiras semanas, ca axuda da Policía Local, irase perfilando máis como levar á práctica esta implantación de novas zonas azuis; cun novo ordenamento e sinalización viaria deste espazo; aínda por determinar.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/fole.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/resposta_concello.mp4{/flowplayer}