PONTEVEDRA> As técnicas de Igualdade reclaman á Xunta medidas que garantan o seu futuro profesional. Hoxe concentráronse en Pontevedra para denunciar a súa situación, que consideran incerta e inestable. Aseguran que actualmente non teñen un amparo lexislativo e non están recoñecidas debidamente como técnicas superiores.
As técnicas de igualdade reclaman certeza e estabilidade para o seu futuro profesional.
Hoxe concentráronse en Pontevedra, ás portas do Centro Integrado de Formación Profesional da Xunqueira no que se imparte esta formación. As profesionais xa trasladaron a súa inquedanza á Secretaría Xeral de Igualdade e á Consellería de Presidencia sen resposta.
Reclaman á Xunta que cree oferta de emprego público para este perfil profesional e que se promocione tamén no eido privado.
Ademais, esixen que o ensino deste ciclo superior se manteña presencial.
Que se elimine o requisito de contar cun grao universitario é outra das súas demandas. Aseguran que esta condición as exclúe de poder realizar traballos aos que poderían optar coa súa formación.











