A SD Teucro pon en marcha unhas charlas de saúde e alimentación nos colexios de Pontevedra

PONTEVEDRA> O Colexio A Xunqueira I de Pontevedra acolleu hoxe a primeira charla do programa “Saúde, alimentación e actividade física”. Unha iniciativa impulsada pola Sociedade Deportiva Teucro en colaboración co Concello.

Concienciar aos máis pequenos da importancia de facer exercicio e levar a cabo unha dieta saudable. Ese é o obxectivo do programa “Saúde, alimentación e actividade física”. Unha iniciativa que foi posta en marcha hoxe neste centro da Xunqueira I e que está coordinada pola Sociedade Deportiva Teucro e polo Concello.

Este programa está destinado ao alumnado de 3º e 4º de Primaria, pero o obxectivo é transmitir tamén estes hábitos saudables as súas casas.

As charlas contarán coa participación de diferentes xogadores da Sociedade Deportiva Teucro. Nesta ocasión, estiveron presentes Marko Dzokic e Caue Herrera para explicarlles as súas rutinas de exercicio e de alimentación.

En total, a SD Teucro impartirá estas charlas nunha decena de colexios da Cidade do Lérez. En todos eles entregarase unha bolsa cun kit de merenda saudable e un folleto informativo para as familias sobre alimentación e actividade deportiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí