Traballo incentivará con ata 15.000 euros ós mozos cooperativistas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/06/visitamatocondes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/06/BEATRIZ_MATO_VISITA_CONDES.mp4{/flowplayer} CAMBADOS> Os menores de trinta anos que desexen botar a andar unha cooperativa contarán con incentivos de ata quince mil euros por parte da Xunta. A consellería de Traballo e Benestar publicará mañá do DOG a orde de axudas nas que se inclúe esta medida. Anunciouno a súa titular, Beatriz Mato, durante unha visita esta mañá á cooperativa cambadesa Condes de Albarei. Fomentar o cooperativismo é un dos retos que se marca nesta lexislatura a consellería de Traballo e Benestar. Exemplos do bo funcionamento destas fórmulas atopámolos no sector marítimo ou no vinícola, como é o caso de Condes de Albarei. A empresa cambadesa serviu de escenario para a presentación dunha das medidas que a Xunta porá en marcha de inmediato: un incentivo de ata 15.000 euros para os mozos menores de trinta anos que se arrinquen a crear unha cooperativa. Encádrase na orde de axudas para o fomento do emprego. En concreto, no programa ‘Xuventude Coop.’ A orde que se publicará no Diario Oficial de Galicia incluirá unha primeira definición das cooperativas xuvenís, e completará o seu desenvolvemento no marco da primeira Lei de Economía Social de Galicia na que está a traballar o goberno autonómico. Segundo datos da consellería de Traballo desde o ano 2009 creáronse en Galicia 255 cooperativas que suman preto de 5.000 socios. Actualmente hai na nosa comunidade máis de 1.200 cooperativas activas, un 8% por cento máis que hai cinco anos.