Noia iniciará en abril unhas Xornadas de Educación Emocional

NOIA> Consciente de que a saúde mental é un piar fundamental da nosa sociedade, a concellería de Educación de Noia vai a levar a cabo nos vindeiros meses unhas Xornadas de Educación Emocional.

Estarán divididas en catro sesións e terán lugar con carácter trimestral.

A primeira destas xornadas celebrarase xa o sábado 13 de abril de dez da mañá a dúas da tarde nas instalacións do Casino e levará por título título ‘Aprende a xestionar as túas emocións e empodérate!’.

A actividade é totalmente gratuíta e está dirixida a maiores de 16 anos.

As inscricións para poder participar nestas xornadas farase a través do correo electrónico:  educacionnoia@gmail.com, indicando nome e teléfono de contacto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí