Noia Histórica valora positivamente a feira do comercio

    NOIA> Durante toda a fin de semana gran cantidade de visitantes achegáronse ata o pavillón municipal atraídos polas interesantes ofertas. Éxito de participación é vendas durante a feira do comercio de Noia celebrada esta fin de semana. Aínda que é cedo para facer balance, haberá que agardar uns días para confirmar datos de vendas e afluencia de xente, dende Noia Histórica, organizadora do evento, facían un balance positivo da experiencia. En total na edición deste ano tomaron parte uns 28 stánds, a maioría de roupa e calzado, que ofreceron ós seus clientes importantes descontos, en moitos casos de entre o 50 e 70%. A iniciativa permitiulles ademais a moitos deste comerciantes poder eliminar parte do seu stock e poder chegar a un maior número de clientes. O bo tempo, a coincidencia tamén o venres coa celebración das principais actividades de entroido na vila, ou a nova reubicación do mercadiño ambulante na alameda, a escasos metros do polideportivo, foron tamén outros dos factores que puideron incidir notablemente no éxito desta edición. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/10/feiracomercionoia100314.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/10/feiracomercionoia100314.mp4{/flowplayer}