RIBEIRA > Unha fuga de monóxido de carbono foi a causa da intoxicación de catro veciños da parroquia ribeiresa de Corrubedo. Os bombeiros achegáronse ata a vivenda preto das dez da noite e comprobaron que existía unha alta concentración de gases tóxicos nas dúas prantas da casa, polo que procederon á ventilación e ó corte das válvulas de subministro de gas. Os catro ocupantes do domicilio afectado tiveron que ser trasladados ó hospital de Barbanza con síntomas de mareos.
Afortunadamente, os afectados tan só presentaban síntomas de mareos derivados da inhalación de gas polo que non revisten gravidade.
As primeira hipóteses apuntan a que a causa da fuga puido ser o mal funcionamento dun quentador que se atopaba situado na cociña.
As catro persoas que se atopaban na vivenda tiveron que ser trasladadas ó hospital mentres os bombeiros procederon á ventilación de tódalas dependencias. Tras tres medicións co esplosímetro, o equipo comprobou que non existía xa concentración algunha de gas e deu por rematada a intervención.
Redacción Barbanza