Un dos acusados do crime do Umia culpa ós outros tres de matar á vítima

    29

    PONTEVEDRA> Adrián Ferro foi o primeiro en pasar a declarar ante o xuíz. No seu relato dos feitos asegurou que el limitouse a concertar o encontro entre a vítima, Enrique Monteagudo, e os outros tres encausados por orde do estradense Borja Coucheiro. A el acúsao de ser o encargado de mandar matar a Monteagudo por unha suposta débeda de oito mil euros por asuntos de trapicheo de drogas. Adrián Ferro foi o primeiro en declarar ó reanudar a sesión pola tarde e sinalou ós outros tres como os culpables da morte de Enrique Monteagudo. Recoñeceu que foi el quen fixou a data, hora e lugar para que se producira o encontro entre os cinco, pero asegurou que o fixo a petición de Borja Coucheiro. Tamén sinalou a Piñeiro como o autor da agresión coa barra de ferro. Héctor Vázquez foi quen, segundo Adrián, rematou coa vida de Enrique. Na súa declaración, Ferro situou a Coucheiro como o líder do grupo, e indicou que o crime foi resultado dunha suposta débeda por tráfico de drogas. Adrián Ferro tamén recoñeceu entre varias barras a que, supostamente, se empregou para rematar coa vida de Enrique. Sobre o cambio na súa versión, asegurou que recibira ameazas contra a súa muller e moza dos outros acusados para evitar que falara. Á primeira sesión do xuízo asistiu a irmá do falecido. Antes de arrancar a vista, Sara Monteagudo pedía respecto e xustiza. Os catro imputados están acusados de homicidio pola morte de Monteagudo, un morañés que o 22 de xullo do 2010 tiña 29 anos. Todos se atopan en prisión preventiva. O xuízo continúa hoxe e está previsto que remate o vindeiro xoves 13 de marzo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/11/crimeumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/11/XUIZO_CRIME_UMIA_100314.mp4{/flowplayer}

    COMPARTIR