NOIA> Noia destinará preto de 260 mil euros do POS a gasto corrente. O resto dos fondos destinaranse a outros proxecto como a factoría da mocidade na Chaínza e varias obras relacionadas coa accesibilidade e dotación de servizos básicos.
Noia destinará máis de 250 mil euros, dos 725 mil que lle corresponden do POS da Deputación a gasto corrente. No que se refire a investimentos, o principal irá destinado á reforma dun dos edificios da Chaínza que servirá como espazo multiusos para a mocidade. Este inmoble estará conectado co futuro centro de día polo que poderán compartir algunhas dependencias así como instalacións e servizos.
A proposta do executivo, na que se tiveron e conta tamén achegas doutros grupos como o BNG, inclúe diversas actuacións como a ampliación do saneamento na zona de Ousoño á Toxeira ou melloras de accesibilidade e pavimentación en Balbargos, a Barquiña ou a rúa Galicia co empedrado da beirarrúa fronte o Casino.
No plan complementario, propóñense melloras na rúa Pontevedra coa renovación do firme así como nas rúas Brasil e e Lorenzo de Armada no Barrio de San Lázaro.











