Arousa Norte solicitará poder realizar exames de tráfico na comarca

    BARBANZA> Na sesión tamén se deu conta do orzamento da entidade para o presente ano que ascende a preto dos 166 mil euros. A sesión plenaria do ente supramunicipal tiña como principal finalidade abordar varios temas de interese para entidade. Un deles dar conta do orzamento para o presente ano 2014, que ascende a preto dos 166 mil euros. A suma das aportacións individuais de cada concello, uns 40 mil euros. Tamén se deu inicio ó expediente de contratación da nova xerencia da entidade. Durante a sesión tamén se analizaron os proxectos que se desenvolverán ó longo deste ano, continuando na promoción e dinamización turística da zona. Os catro alcaldes mantiveron tamén varios encontros con organismos ou entidades locais, con representantes da plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza e da Fundación galega contra o Narcotráfico, así como con responsables de varias autoescolas do Barbanza coa finalidade de solicitar a Tráfico a posibilidade de poder realizar os exames de conducir na comarca. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/11/plenoarousanorte1103141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/11/plenoarousanorte110314.mp4{/flowplayer}