O futuro goberno de Meaño pendente das negociacións

MEAÑO> A incógnita do Salnés está no concello de Meaño. O líder dos independientes espera que a vila teña o cambio que demandan os veciños. Sen embargo, a socialista Ana Belén García asegura que non pactarán con ninguén.

O resultado electoral en Meaño deixa un panorama político do que se descoñece cal pode ser o desenlace. O Partido Popular foi a formación máis votada, adquirindo seis concelleiros, por cinco de Meaño Independiente e dous do PSdeG. O líder dos independientes espera que a vila teña o cambio que reclaman os veciños.

Aspérez asegura que Meaño necesita un goberno estable que só pode saír mediante un acordo. O independiente ábrese a falar cas outras formacións pero co obxectivo de dar a Meaño un goberno diferente.

Para o PSdG meañeses o único cambio na vila sería se eles gobernasen. Ana García considera que tanto os intereses como a maneira de mandar do seu partido é totalmente oposta á das outras formacións. A líder socialista asegura que non pactarán con ninguén.

Os socialistas tamén están abertos a dialogar pero mantendo a súa postura de non pactar.

Ambos candidatos adiantaron que as negociacións comezarán a próxima semana.