O Barbanza rexistra un terremoto de intensidade 3,7

    RIBEIRA > Un terremoto de intensidade 3,7 graos na escala Ritcher rexistrouse hoxe ó noroeste da localidade coruñesa de Santa Uxía de Ribeira, segundo informou hoxe o Instituto Xeográfico Nacional do Ministerio de Fomento. O epicentro sitúase no mar fronte ó cabo de Corrubedo.

    RIBEIRA   > Un terremoto de intensidade 3,7 graos na escala Ritcher rexistrouse hoxe ó noroeste da localidade coruñesa de Santa Uxía de Ribeira, segundo informou hoxe o Instituto Xeográfico Nacional do Ministerio de Fomento.

    O seísmo sentiuse con intensidade 3 neste concello e con intensidade 2 no de Boiro, pero o epicentro sitúase no mar a 42,62 graos norte de latitude e – 9,22 graos oeste de lonxitude, fronte ó cabo de Corrubedo. Numerosos veciños notaron o tremor en Boiro, A Pobra, Ribeira e incluso Porto do Son, aínda que tamén houbo xente que o notou na beira sur da ría de Arousa, caso de Cambados ou Vilanova.

    Pese a non causar danos, trátase dun dos tremores máis importantes dos últimos rexistrados nos sismógrafos do Instituto Xeográfico Nacional. 

     Ver mapa más grande

    Redacción Salnés