A POBRA> O concello da Pobra organiza dúas sesións de contacontos para conmemorar o Día Internacional do Libro. Serán o 22 e o 24 de abril, na biblioteca e no museo Valle-Inclán respectivamente.
A concellería da Cultura da Pobra aproveita a celebración do Día Internacional do Libro para seguir fomentado a lectura a través de actividades lúdicas.
O primeiro dos contacontos será o día 22 na biblioteca Victoriano García Martí a cargo de Leo Leiño que achegará ós máis pequenos o espectáculo Hableas Hainas.
O día 24 será Charo Pita a que escenifique o relato ‘O meu bisavó’ de Valle-Inclán para nenos máis maiores, a partir de oito anos.
Ámbalas dúas sesións serán de balde e non hai límite de aforo aínda que se recomenda o uso da máscara.