BOIRO> O Partido Popular de Boiro, a través de Novas Xeracións, decidiu este ano realizar unha campaña de recollida de xoguetes baixo o lema ‘Nadal Solidario. Doa xoguetes, regala ilusión’ para que os nenos das familias con menos recursos do municipio non se queden sen o seu agasallo este Nadal.
Durante a fin de semana os populares instalaron unha mesa informativa na rúa peonil e ó longo destas próximas semanas aqueles interesados poderán entregar tamén os xoguetes na propia sede da formación na rúa Norberto Pijuán.
A comisión parroquial de Santiago de Lampón, organizadora da Cabalgata de Reis, será a encargada de repartir os xoguetes ás familias.
Dende a comisión parroquial, agradeceron o xesto, que posibilitará que ningún neno do municipio quede este ano sen o seu xoguete.
A campaña de recollida de xoguetes dos populares estará activa ata o 3 de xaneiro.